InicioCULTURAO Lio inaugurou as Festas de María Pita

O Lio inaugurou as Festas de María Pita

Publicada o

Por editor

Quedou pequena María Pita para recibir un dos ídolos da parroquia branquiazul. Lionel Scaloni (non Messi, como se trabucou a alcaldesa Inés Rey no momento da presentación) abría, co pregón, as festas de María Pita.

Antes da errata, Rey presentouno como “un coruñés de arxentina que nos recorda que aquí, en branco e azul, somos campións do mundo”.

O ex xogador do Deportivo e seleccionador de Arxentina, pronunciou un emotivo discurso no que lembrou os seus anos na cidade. “Vir á Coruña e xogar no Deportivo foi a mellor decisión da miña vida. Aquí recibíronme e tratáronme incrible”, dixo Scaloni. Deixou caer que os camiños entre el e a cidade, e o club, volverán atoparse

A primeira xornada rematou coa actuación do cantante británico de orixe libanés MIKA, que inaugurou co seu pop o escenario das Noites de María Pita, mesmo falando en galego para a parroquia herculina.

Maria Pita ateigada

Programación Noites de María Pita

  • 2 de agosto, 22.00 horas: Víctor Manuel

  • 3 de agosto, 20.30 horas: Locos Coruña: Seguridad Social, Melon Diesel, Rafa Sánchez, Revolver. Artistas invitados: The Refrescos, Miguel Costas, Tennesse, Guaraná e La Poptelera

  • 4 de agosto, 22.00 horas: Amaia Romero

  • 5 de agosto, 22.00 horas: Vanesa Martín

  • 6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka

  • 7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia

  • 8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys

  • 13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.

  • 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz

  • 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi

  • 20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín “Mangüi” con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía

ÚLTIMAS

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

Recrease un ataque terrorista a un barco na Coruña

A Armada realizou, este venres no porto da Coruña, o exercicio de seguridade marítima Marsec,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here